09/12/2011
                
                
                VII XORNADAS AGRARIAS VITICULTURA E MERCADOS
                 Como non podía ser doutra maneira, un representante da ATVGranxa estará alí.
Como non podía ser doutra maneira, un representante da ATVGranxa estará alí.
Neste caso tocoulle a Rubén Baz, o vicepresidente, técnico superior en Viticultura e Enoloxía que participará na mesa redonda do venres 16 sobre a situación actual da viticultura en Galicia. 
Rubén leva traballando no Consello Regulador Rías Baixas dende o ano 1997 e pensamos que a súa visión sobre o tema, ó lado de xente como Paco Rego (EVEGA) ou Antonio Portela (AGASU), entre outros, pode ser moi interesante.
Os demáis directivos da ATVGranxa estaremos alí e esperamos atoparvos a todos.
Deixámosvos o programa na parte de descargas (Arquivos de novas),
saúde e alegría para todos.
                
                Fonte » http://www.fruga-galiza.org/agv/