Escríbanos ó correo: atvgranxa@atvgranxa.es
Visite o noso blog                   Enlaces de interese

Sobre ATVG

A Asociación de Técnicos en Vitivinicultura da Granxa (A.T.V.G.), xurde froito da inquedanza e a curiosidade dos seus compoñentes por mellorar todos os aspectos posibles existentes dentro do mundo da vitivinicultura, e como resposta á individualidade técnica tan presente en demasiadas ocasións, por desgracia, neste mesmo mundo.

Como consecuencia, no pasado ano 2008, reúnense unha serie de compañeiros de profesión coa raíz común de ter estudiado no C.I.F.P. A Granxa, co obxecto de faceres unha fronte común normativizada.

Sobre estas bases ideolóxicas, a Asociación adopta como obxectivos fundamentais os de promocionar, fomentar, defender, mellorar e difundir todo o relacionado cos diferentes campos da vitivinicultura, así como dar recoñecemento ó traballo meritorio. Desta maneira benefíciase o sector, ó mesmo tempo que se nutren de coñecementos os compoñentes da mesma.

Para levar a bo termo esta inacabable labor, a Asociación crea esta páxina web para que se comunique todo o mundo e sirva de plataforma de calquera tipo de consulta.

A Asociación conta xa cunha base social, formada por grandes profesionais do sector, con dous valores importantes a ter en conta como son o feito de estar espallados por toda a xeografía peninsular (co conseguinte enriquecemento que aporta a diversidade) e o contares co apoio do C.I.F.P. A Granxa para a realización dos seus obxectivos.

Usuario: Contraseña: