Escríbanos ó correo: atvgranxa@atvgranxa.es
Visite o noso blog                   Enlaces de interese

Novas

11/07/2011

IMPORTANTE: Inscripcion de maquinaria no ROMA

         Obrigatorio para tódalas máquinas de tratamentos fitosanitarios accionadas por un tractor e carretillas cunha capacidade maior de 100L..

          Quedan excluidas mochilas, atomizadores a motor de mochila e carretillas de 100 L de capacidade ou inferior e outros equipos móbiles ou estáticos non accionados por un tractor.

         Tódolos equipos de distribución de fertilizantes están obrigados a inscribirse.

         Poderase realizar nas Oficinas Agrarias Comarcais (OACs)

         Xunto coa solicitude de inscripción no ROMA debidamente cumprimentada deberase incorporar:

1.-  Fotocopia NIF,CIF do propietario ou copropietarios do equipo.

2.-  Características técnicas da máquina.

3.-  Factura de compra.

 

         No caso de non posuir ningún tipo de documento de acreditación de propiedade da/s máquina/s, deberáse cubrir unha declaración xurada que será facilitada nas Oficinas Comarcais Agrarias ou Delegacións Territoriais.

   

         O prazo de inscripción remata o 15 de xullo de 2011 e está exento de pago de taxas, a partir de esa data creo que se pagarán taxas.

TENDES ANEXOS NA AREA DE DESCARGAS (Archivos de novas)....
 


   
Usuario: Contraseña: