Escríbanos ó correo: atvgranxa@atvgranxa.es
Visite o noso blog                   Enlaces de interese

Novas

13/04/2011

II Jornadas Técnicas WINEtech

II Xornadas Técnicas WINETech , organizadas pola D.O. Rias Baixas, en colaboración coa Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA) e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) da Consellería do Medio Rural. As xornadas celebraranse o mércores 4 de maio na sede de FEUGA sita na avenida Lope Gómez de Marzoa, s/n, Campus Universitario Sur, Santiago de Compostela.

Estas xornadas se encadran no proxecto WINETech (www.winetech-sudoe.eu) financiado polo programa de cooperación territorial do Espacio Sudoeste Europeo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), posto en marcha para promover o I+D e a innovación en 7 rexións da Unión Europea con forte tradición vitivinícola: Galicia, La Rioja, Castela e León, Castela-A Mancha, Alentejo, Norte de Portugal e Languedoc-Roussillon.

As poñencias iniciaranse ás 09:45 horas e estenderanse ata as 17:45 horas, adicándose a mañá a unha breve presentación dos principais resultados do proxecto e a temas de enoloxía e a tarde a cuestións de interese no eido da viticultura . Para facilitar a participación, a organización inclúe a invitación a unha comida informal na pausa que haberá de 14:15 a 16:00 horas.

Por razóns operativas agradecese que confirmar asistencia antes do luns 2 de maio, enviando o boletín de inscrición (area de descargas) a winetech@winetech-sudoe.eu ou ao fax: 981-52.44.54 (máis información: 981-53.41.80. Ext.:110)

 


   
Usuario: Contraseña: